Tuesday 14 de May de 2024

A rede de centros cívicos da cidade acollerá festas e talleres infantís, con inscrición de balde, para celebrar o Samaín


As nenas e nenos coruñeses poderán gozar tamén con talleres de títeres e cociña, entre outros

Entre os días 27 e 31 de outubro, a rede de centros cívicos da cidade acollerá unha ampla programación de festas e actividades no contexto da celebración do Samaín, con talleres de títeres, cociña e arañas que estarán especialmente orientados ás nenas e nenos.

Para asistir aos talleres, promovidos pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Participación Cidadá, e que serán de balde, só é preciso cubrir o formulario de inscrición habilitado en cada un dos centros cívicos que toman parte nesta iniciativa. As datas e horarios dos talleres son os seguintes:
● Xoves 27 de outubro (17.30 a 19.00 horas)
○ Taller de títeres no centro cívico da Sagrada Familia.
○ Taller de arañas no centro cívico de Feáns.
● Venres 28 de outubro
○ Taller de cociña terrorífica no centro cívico de Visma (de 18.30 a 20.00 horas).
○ Taller de títeres no centro cívico de Santa Margarita (de 17.30 a 19.00 horas).
● Sábado 29 de outubro
○ Taller de títeres no centro cívico de Santa Lucía (de 11.00 a 12.30 horas).
○ Taller de títeres no centro cívico de Artesáns (de 11.30 a 13.00 horas).
● Lunes 31 de outubro (de 11.00 a 12.30 horas)

○ Taller de títeres no centro cívico de A Silva.
○ Taller de títeres no centro cívico de Pescadores
Ademais, tamén entre os días 27 e 31 de outubro, nos centros cívicos celebraranse festas infantís de Samaín, con arranxo ao seguinte calendario e un horario unificado (de 17.00 a 20.00 horas):
● Xoves 27 de outubro: Centro cívico de Labañou.
● Venres 28 de outubro: Centros cívicos de Monelos, Cidade Vella e Os Rosales.
● Sábado 29 de outubro: Centros cívicos de Novo Mesoiro, Castrillón, Monte Alto, Eirís e Os Mallos.
● Domingo 30 de outubro: Centro cívico de Novoboandanza.
● Luns 31 de outubro: Centros cívicos de Palavea e Elviña.

Para asistir a estas festas infantís só hai que inscribirse nos centros cívicos correspondentes. As entradas adxudicaranse por rigurosa orde de inscrición ata completar a capacidade prevista.

Neste sentido, a programación infantil polo Samaín volve á normalidade tras celebrarse o ano pasado baixo a normativa sanitaria vixente por mor da pandemia, coas restricións marcadas polas autoridades no referente aos límites de capacidade e medidas de prevención individuais para evitar contaxios pola covid-19.